Biblioteca Verde é un programa que nace de concretar o compromiso das Bibliotecas Municipais da Coruña ao redor do medioambiente e un estilo de vida sostible.
Froito dese programa, en todas as bibliotecas existe un fondo especializado relativo a estes temas que busca sensibilizar no coñecemento de prácticas e hábitos sostibles e de respecto á natureza.
Con isto, conseguimos facilitar, formar e informar aos nosos usuarios e usuarias sobre alternativas de consumo consciente e responsable, ademais de proporcionar un espazo a entidades e organizacións locais para dar a coñecer experiencias amigables co medio ambiente que se desenvolven na cidade.
A quen se dirixe
Persoas adultas interesadas na ecoloxía, respecto ao medioambiente e un estilo de vida saudable, e ao público en xeral.
Que materiais podo atopar
Todo tipo de soportes con información en todas as súas múltiples variantes sobre o consumo responsable, o desenvolvemento sostible, ecoloxía e medio ambiente. Ademais de obras de narrativa e audiovisuais relacionados coa natureza e/ou unha forma de vida sostible.
Títulos de Biblioteca Verde no catálogo
Podes atopar todos os títulos de Biblioteca Verde dispoñibles na nosa colección premendo aquí.
Hai algunha guía de recursos sobre esta temática?
Si, existen varias guías de recursos relacionadas con distintas campañas levadas a cabo no marco da nosa Biblioteca Verde:
Quero saber máis sobre o programa Biblioteca Verde
Tes máis información na seguinte ligazón: Biblioteca verde: encontros participativos .
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible