O ciclo de concertos "En clave de Á" nace como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSM) e a Biblioteca Ágora para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara do CSM nun espazo diferente.
Con este proxecto musical queremos dar a oportunidade ao alumnado do CSM de que ensaien o seu repertorio con público real e ás nosas usuarias e usuarios de que gocen do espectáculo da música en directo, apostando deste xeito tamén desde a biblioteca pola educación e a cultural musical da cidade.
Un xoves ao mes, de febreiro a maio, teremos ocasión de descubrir e gozar do talento musical das rapazas e rapaces do Conservatorio de Música nun concerto para todos os públicos na sala de adultos da Biblioteca Ágora. Achégate a escoitar música entre libros e aproveita para botarlle un ollo á sección de música!
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible