Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Día da Biblioteca 2020

Imaxe do Día das Bibliotecas 2020

As Bibliotecas Municipais da Coruña celebrarán o próximo 24 de outubro o Día Internacional da Biblioteca sumándose á iniciativa do Ministerio de Cultura "Bibliotecas, sempre ao teu lado".

As Bibliotecas Municipais da Coruña conmemoramos o noso día dándolle visibilidade ao noso traballo e defendendo a existencia das bibliotecas a través dos testemuños dalgunhas das nosas usuarias e usuarios ademais de mostrar a seguridade dos espazos bibliotecarios:

  • Bibliotecas, espazos seguros
  • Bibliotecas, servizos esenciais

Cidadanía e servizos protagonizarán unha efeméride coa que pretendemos visibilizar o imprescindible lugar que ocupan no cotián da comunidade tal e como se desprende dos diversos testemuños que nos fixeron chegar.

Lectores e lectoras, membros dos clubs de lectura, persoal voluntario participante de programas de formación ao longo da vida e bibliotecarias unen a súa voz nunha mensaxe que mostra a rede de bibliotecas como un espazo onde desenvolver a actividade cultural dun xeito seguro e que supón unha invitación para volver ocupar as nosas instalacións tras uns meses de adaptación á nova realidade onde os servizos virtuais seguiron dando cobertura a moitas das necesidades.

Buscar en Flickr

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión