Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Bibliotecas Municipais

coruna.gal

Encontro para familias: Obradoiro de bordado literario, con Lúa Mosquetera

A quen vai dirixido?:

De 8 a 12 anos

Familias

Cando:

Dende o 24/10/2023 ás 18:30 ata o 24/10/2023 ás 20:00 , os martes

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/10/2023 ata o 24/10/2023

Horario:

De 18.30 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Primeiro encontro para pais, nais, fillas e fillos, onde tentamos achegarvos varias temáticas baixo unha visión sinxela, amena, con humor e empregando os recursos dos que dispón a biblioteca xunto á colaboración de diferentes profesionais.

Imaxinemos as bibliotecas como teares onde se ganduxan relacións e coñecemento e celebremos o día da biblioteca, baixo o lema deste ano: "Tecendo comunidades", cun novo Encontro para familias. Contaremos con Lúa Mosquetera, que nos iniciará na técnica do bordado a través da poesía: "Bordado literario".

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Só os nenos e nenas necesitan inscrición. Imprescindible asistencia mínimo dun adulto.

Esperámosvos!

Queres saber ...

  • Encontros para familias

    En que consisten os Encontros para familias?

    Encontros pensados ​​para que as familias poidan compartir experiencias, apoiarse mutuamente e aprender conxuntamente sobre temas de interese familiar e educativo.

    Durante as sesións contaremos coa participación de especialistas, que ofrecerán os seus coñecementos e consellos prácticos.

    Beneficios de participar:

    • Encontro de diálogo con outras familias.
    • Espazo de relación e intercambio de experiencias con fillos e fillas.
    • Queres saber ...En que consisten os Encontros para familias?Beneficios de participar:Temas abordados en edicións anterioresCentro de Interese Nais e Pais

    Temas abordados en edicións anteriores

    • Queres saber ...En que consisten os Encontros para familias?Beneficios de participar:Temas abordados en edicións anterioresCentro de Interese Nais e Pais

    Centro de Interese Nais e Pais

    Ademais, convidámosvos a descubrir o centro de interese Nais e Pais , dispoñible en todas as nosas bibliotecas. Este espazo creouse como un valioso recurso de apoio ás familias na atención e na educación. 

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible