Debido ás novas restricións decretadas pola Xunta a película "Familia sumergida", de María Alché cambia de data e programarase os días 18, 19 e 20 de febreiro.
Para público en xeral
Dende o 18/02/2021 ata o 20/02/2021
Xa rematou
Cambio de hora o fecha
AVISO! * Debido ás novas restricións marcadas pola Xunta (toque de queda desde as 22.00 h) e ata novo aviso, axustamos os nosos horarios de proxección xoves e venres ás 20.00 h e sábado ás 17.30 h e 20.00 h.
* xoves e venres ás 20.00 h
* sábados ás 17.30 e 20.00 h
* Pídese puntualidade. Unha vez que comecen as proxeccións non se permitirá acceder á sala.
Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Xoves, venres e sábado ás 20.00 h: 3,00 € (carné xove +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)
Sábado ás 17.30 h (sesión do espectador): prezo único: 1,50 €
**Imprescindible presentar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder á sala de cinema.
Será de OBRIGADO cumprimento:
• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).
• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.
• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.
• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.
• Respectar a sinalización.
• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.
RECOMÉNDASE:
• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.
• Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos
forum@coruna.es
O mundo de Marcela vólvese estraño e fráxil logo da morte da súa irmá Rina.
Séntese perdida na súa propia casa e as conexións coa súa contorna próxima familiar están dislocadas. Á súa casa chega Nacho, un mozo amigo da filla, a quen lle cancelaron unha viaxe de traballo, e xuntos comparten conversas e paseos. Marcela recibe un chamado dun parente distante por unha reunión, mentres na súa casa mantén diálogos con parentes doutra dimensión.
Con: Mercedes Morán e Marcelo Subiotto
Arxentina 2018, 91 min VO en castelán
VENDA DE LOCALIDADES
*NOTA: mentres duren as restricións marcadas pola Xunta no DOG 16-Bis 26.01.2021 o horario do despacho de billetes Central da praza de Ourense será de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e os venres de 10.00 h a 15.00 h (excepto festivos).
Dende o 25/10/2024 ata o 26/10/2024
Os días 24/10/2024, 25/10/2024, 26/10/2024
Os días 24/10/2024, 25/10/2024, 26/10/2024
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible