Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares.
Para público en xeral
Dende o 13/01/2025 ata o 31/01/2025
O prazo de inscrición para o IV Intercambio escolar do Eixo Atlántico abrirase o próximo 13 de xaneiro de 2025. A inscrición deberana realizar os centros educativos a través da ficha de inscrición.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de xaneiro de 2025.
Data límite para presentala memoria coa proposta do proxecto de actividades a realizar na Coruña: ata o 14 de marzo de 2025.
As memorias presentaranse a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "IV Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".
Máis información na páxina do programa IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2024-25
Sobre o IV Intercambio escolar do Eixo Atlántico
Este programa ten como obxectivos: facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico; promover o coñecemento dos municipios integrantes do Eixo Atlántico, así como o seu patrimonio cultural, natural e inmaterial; concienciar aos escolares da importancia de vivir nunha Eurorrexión; e promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso didáctico.
09/01/2025
Dende o 17/12/2024 ata o 07/01/2025
16/01/2025
Dende o 17/12/2024 ata o 10/01/2025
Dende o 10/12/2024 ata o 16/01/2025
Dende o 27/01/2025 ata o 07/02/2025
Dende o 20/01/2025 ata o 07/02/2025
19/02/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible