Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2024-25

Con este programa búscase facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e do norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares; especificamente, darlle a coñecer a cidade da Coruña ao alumnado dun centro educativo dun municipio portugués por determinar por sorteo.

Os intercambios escolares terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril ou maio de 2025.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Outras

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado que curse 5.º o 6.º de educación primaria durante o curso 2024/2025, pertencente a un centro público do municipio da Coruña.

Un grupo escolar formado por un máximo de 30 participantes (entre o alumnado e 2 docentes)

Prezo / Custo:

Gratuíto

Os concellos da Coruña e Braga faranse cargo de todos os gastos (desprazamentos, aloxamento e comidas, seguros de viaxe e de responsabilidade civil e acompañamento) e do apoio na organización de vistas e itinerarios polas súas respectivas cidades.

Obxecto:

O Eixo Atlántico é unha asociación transfronteiriza de dereito público, formada por municipios e entidades da Administración Local que integran o sistema urbano da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, que inclúe o Concello da Coruña.

No grupo de traballo de Educación e Cultura do mencionado Eixo, lévase varios anos desenvolvendo o proxecto Intercambios Escolares, cos seguintes obxectivos:

  • Promover entre o estudantado e docentes o coñecemento do seu municipio, dos municipios integrantes do Eixo Atlántico e do propio Eixo Atlántico, así como do seu patrimonio (cultural, natural, inmaterial).
  • Facilitar o intercambio entre estudantes dos diversos municipios do Eixo Atlántico .
  • Concienciar o estudantado da importancia de vivir nun municipio integrante do Eixo Atlántico e que conforman unha Eurorrexión.
  • Promover a realización de experiencias didácticas que potencien o uso do municipio como recurso educador.

Os intercambios terán lugar durante 2 ou 3 días nos meses de abril e maio de 2025, nas datas que se determinen por ambos os municipios, de acordo cos centros educativos participantes.

SERVIZOS

  1. Os desprazamentos de ida e volta A Coruña-Braga, para o alumnado seleccionado da Coruña e 2 docentes acompañantes e un/unha técnico/a municipal.
  2. Aloxamento en Braga do grupo seleccionado, en hotel ou albergue en réxime de pensión completa.
  3. O seguro de viaxe e de responsabilidade civil.
  4. O aloxamento hostaleiro en habitacións dobres e triplas con pensión completa do grupo visitante de Braga na Coruña.
  5. Acompañamento dun/dunha monitor/a nas actividades na Coruña.
  6. Os desprazamentos pola cidade da Coruña do grupo seleccionado e aqueloutros gastos que se consideren necesarios para levar a cabo os obxectivos deste programa.
  7. Como novidade, o Concello da Coruña organizará unha ou tres sesións de coñecemento da lingua portuguesa para o grupo seleccionado neste programa.

REQUISITOS

  • Un grupo escolar formado por un máximo de 30 participantes (alumnado e 2 docentes), de 5.º ou 6.º de educación primaria dun centro público do Concello da Coruña.
  • O grupo seleccionado será simultaneamente "grupo anfitrión" e "grupo visitante".
  • Deberá inscribirse e presentar unha proposta de proxecto de actividades para desenvolver na Coruña con grupo visitante portugués, para darlles a coñecer a cidade.
  • Estes proxectos poden incluír: a descrición do municipio, o patrimonio (cultural, natural e inmaterial), a súa cultura e costumes, as festas, os barrios, o noso centro educativo e o seu barrio, o porto, as infraestruturas, a economía e a sostibilidade, as tecnoloxías, as oportunidades de lecer, como vemos a cidade no presente, proxectos futuros...; coa condición de que se enmarquen dentro da problemática e realidade da nosa cidade. Así como a previsión de actividades na cidade e no centro educativo.

PRESENTACIÓN DA MEMORIA

Os grupos participantes deberán presentar unha memoria, coas seguintes características:

  • Orixinal e en lingua galega.
  • Extensión máxima de 20 follas en letra Arial 11 por cara con interlineado simple.
  • Unha folla inicial que incluirá: o nome e obxecto do proxecto, nome do centro educativo, nome do grupo ao que pertence o traballo (5.º A, 6.º C...), e o profesorado responsable del.
  • O proxecto poderá ir acompañado de vídeos, fotografías, planos, maquetas ou calquera outra explicación do proxecto nun arquivo adxunto á memoria principal.
  • Excluiranse os proxectos que non cumpran cos requisitos esixidos.

FORMA E PRESENTACIÓN DA MEMORIA

A memoria presentarase a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "IV Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".

Cando:

Dende o 01/04/2025 ata o 30/05/2025

No sorteo realizado pola organización do Eixo Atlántico o día 5 de decembro de 2024, entre as cidades galegas e as portuguesas do Eixo Atlántico participantes no programa, para o curso 2024/2025 a nosa cidade quedou emparellada co municipio portugués de Braga.

Inscricións:

Dende o 13/01/2025 ata o 31/01/2025

  • Prazo de inscrición: a inscrición deberana realizar os centros educativos durante o mes de xaneiro de 2025, a través da ficha de inscrición.
  • Data límite para presentar a memoria coa proposta do proxecto de actividades para realizar na Coruña: ata o 14 de marzo de 2025.

As memorias presentaranse a través do correo electrónico: educacion@coruna.gal, coa mención no asunto "IV Concurso Intercambio Escolar Eixo Atlántico ".

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Teléfono 981 184 200 ext. 10259

educacion@coruna.gal

Requisitos:

As condicións do programa están recollidas nas bases reguladoras do Concurso IV Intercambio Escolar do Eixo Atlántico 2024/2025.

Organiza:

Concellos da Coruña e Braga (Portugal), coa colaboración do Eixo Atlántico

Documentos:

Intercambio Escolar Eixo Atlántico . Bases do concurso de selección (310 KB)

Documentos relacionados

  • IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico : resolución selección grupo (142 KB)
  • IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico : acta dá reunión dá Comisión de Valoración (217 KB)

Descargar ZIP cos documentos relacionados.

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible