Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proceso de admisión

O proceso de admisión dos centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2025-2026, iníciase o día 01/03/2025 e permanecerá aberto ata o día 20/03/2025, ambos os días incluídos.

Durante este período debe inscribirse o alumnado que se incorpora por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4.º curso de educación infantil) e aqueles alumnos e alumnas de educación infantil, primaria, ESO e bacharelato que desexan cambiar de centro escolar.

Do 15/01/2025 ao 04/02/2025 está aberto o período de reserva de praza para o alumnado que finaliza etapa educativa no seu centro actual e inicia unha nova etapa no centro adscrito que lle corresponda.

Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas publicaranse o día 25 de abril, as definitivas o 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de infantil e primaria e do 23 de xuño ao 7 de xullo para os de ESO e bacharelato.

Ademais dos procedementos e dos prazos sinalados, a organización do próximo curso incorpora tamén as medidas do acordo de mellora do ensino blindadas a través da Lei de medidas fiscais e administrativas da Xunta de Galicia para 2025, entre as que se inclúe a redución progresiva do rateo máximo de 20 alumnos/as por aula que comezou a aplicarse no presente curso para 4.º de educación infantil e que se amplía a 5.º curso de infantil no próximo 2025/2026.

Podes consultar máis información sobre o proceso nos documentos adxuntos.

Referencias legais

Proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2025-2026.

  • Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 08.11.2022), pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Decreto 13-2022 do 3 de febreiro (DOG 11.02.2022), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinos de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 26 de maio de 2023 (DOG 13.06.2023) pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022.

Consulta os documentos:

Escolarización 2025-2026 (galego)

Escolarización 2025-2026 (castelán)

Enlaces relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión