#LunsDeEncontros nace co obxectivo de lle ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía e ceder un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
07/04/2025
Xa rematou
Acceso libre ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 7 de abril ás 19.00 h na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos a presentación do poemario de Juan José González Ramil.
O acto estará presentado por Juan Alberto Sucasas Peón, profesor de filosofía da Universidade da Coruña. Sucasas foi premio de ensaio Miguel de Unamuno 2014.
Acceso libre ata completar a capacidade.
Sobre a obra, en palabras do autor:
A lomos de mis versos é o compendio dos meus últimos poemas, a máis íntima expresión das miñas sensacións trasladadas ao papel, o fondo que atopo nos momentos nos que me vexo a min mesmo. É un saco no que cabe tanto como tanto podemos cargar na nosa viaxe. A lomos de mis versos admíteo todo, porque é a vida mesma, ese día, ese amigo, esa viaxe, ese todo que marca o que é e o que non é importante para cada un. Non hai un tema, porque o tema é o vivido e o que queda por vivir, a vida mesma. Quizais antes escribía de forma máis cativa, pero estou a darme conta de que a poesía ten que ser liberada para que a poida sentir quen a lea, porque todas/os navegamos no mesmo mar e as sensacións case sempre son compartidas (creo eu). Esa é a intención final da poesía, que sintamos todo aquilo que hai nela.
Tamén che pode interesar
28/04/2025
Acceso libre até completar capacidade
14/05/2025
Acceso libre até completar capacidade
Os días 24/04/2025 á 01:00 , 08/05/2025, 22/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible