Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Xornadas de debate para estudantes

6.º de primaria e secundaria

A quen vai dirixido?:

Aínda que esta actividade está pensada para que a mocidade sexa a protagonista, as familias poderán asistir como oíntes ás tres primeiras xornadas. A última xornada é exclusiva para persoas adultas.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

Os días 24/04/2025 á 01:00 , 08/05/2025, 22/05/2025

Horario:

Das 18.30 ás 20.00 h

Duración:

3 días

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Requisitos:

inscrición previa

Organiza:

Federación Prov. ANPAS C.P.

Uns encontros con profesionais para dialogar e aprender xuntos.

A túa voz importa.

A túa experiencia conta.

Sentes que o teu instituto é un espazo seguro? O sistema educativo ocúpase destes temas? Que cambiarías?

XORNADAS DE DEBATE PARA ESTUDANTES DE 6.º DE PRIMARIA E SECUNDARIA

Un espazo para falar, debater e ser escoitado. Non vimos dar a chapa nin soltar discursos informativos. Vimos escoitarte, saber o que realmente pensas sobre como o sistema educativo aborda (ou non) estes temas.

24 de abril | 8 de maio |Volveremos tomar nota de todo o que se diga (de forma anónima) para buscar solucións reais. Ademais, traeremos información útil (pero sen chapa) para que poidamos reflexionar e debater sobre estes temas a fondo e sen filtros.

22 de maio️ | É hora de cambiar o sistema. Ven debater. Decides TI!

PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS

5 de xuño‍‍ | Sesión exclusiva para persoas adultas

Nesta sesión repasaremos o debatido, resolveremos dúbidas e buscaremos xuntos/as solucións ás inquietudes expostas.

O noso obxectivo é crear unha oportunidade para coñecer de primeira man o que os/as adolescentes pensan e senten sobre estes temas, así como proporcionar información clave para abordalos tamén na casa.

Escoitalos/as é o primeiro paso para acompañalos/as.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible