#LunsDeEncontros nace co obxectivo de ofrecer un espazo cultural aberto á cidadanía, cedendo un lugar para o desenvolvemento de actividades de promoción lectora, formación e aprendizaxe.
Para público en xeral
12/05/2025
Acceso libre ata completar capacidade
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O luns 12 de maio ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos a presentación do libro "Xoana" de Sandra Gromaz.
Acceso libre ata completar capacidade.
SINOPSE:
Xoana é un libro de lectura amena, apta para nenos, adolescentes, pais de adolescentes, ou, en xeral, persoas que se deixen atrapar por este personaxe carismático, que se fai querer facilmente, capaz de sacar un sorriso e emocionar a partes iguais. Xoana é a historia dunha nena galega intelixente, perspicaz, divertida e sobre todo auténtica. A través das súas vivencias, convídanos a deternos e reflexionar sobre temas actuais inspirando o pensamento crítico. Consegue que o lector se conmova coa historia e empatice cos personaxes. Capta perfectamente a vida na contorna rural galego, mostrando a beleza das paisaxes descritas e un profundo amor pola terra. Se buscas pasar un intre realmente agradable e entretido, mergúllache no mundo Xoanade .
Tamén che pode interesar
21/04/2025
Acceso libre ata completar capacidade
28/04/2025
Acceso libre até completar capacidade
14/05/2025
Acceso libre até completar capacidade
Os días 24/04/2025 á 01:00 , 08/05/2025, 22/05/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible