Por que hai poucas mulleres no mundo da Informática?
Para público en xeral
14/03/2019
IMPORTANTE: cambio de datas!
Do martes 12 pasa ao xoves 14 de marzo, á mesma hora.
Xa rematou
Dende o 05/03/2019 ata o 14/03/2019
Require inscrición
19:00 h.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
##mullerestecnolóxicas #díadamuller #mullerescientificas #nenasnasciencias #BiblioTECH
981184388
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo, queremos pór unha mirada cara adiante e achegarnos ao campo da Informática e a Tecnoloxía, no que, cada vez máis, se enche de mulleres pioneiras que van abrindo camiños nas ciencias.
Contaremos con Nieves R. Brisaboa, catedrática de linguaxes e sistemas informáticos da Universidade da Coruña (UDC). No 1996 creou o Laboratorio de Bases de Datos (LBD) que dirixe dende entón e que foi declarado grupo de investigación de excelencia pola Xunta de Galicia.
Manifestou en repetidas ocasións a súa preocupación pola pouca presencia das mulleres nos estudos de Informática, e participa activamente na iniciativa ICT-Girls da UDC. Como socia de AMIT (Asociación de Mulleres Investigadoras & Tecnólogas) anima ás rapazas a considerar a Informática nos seus estudos e futuro laboral.
Por isto mesmo, terémola para que nos conte de primeira man a súa experiencia, as dificultades e retos superados e como ve o futuro das mulleres no campo da tecnoloxía.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
23/11/2024
CAMBIO DE LUGAR DE CELEBRACIÓN: SERÁ NA DOMUS
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible