Co ciclo temático #Muller, que se desenvolve durante o primeiro trimestre do ano 2019 na Biblioteca Fórum Metropolitano, queremos destacar os esforzos das mulleres nunha sociedade patriarcal, o seu papel como forza viva e activa que camiña cara a igualdade real e legal entre homes e mulleres, necesaria para que a nosa sociedade avance en positivo e non quede ancorada nese pasado patriarcal.
Loitar por estes espazos de igualdade require, como a socióloga Rosa Cobo afirma, "que o poder político faga da igualdade entre homes e mulleres un obxectivo central da súa axenda política... pero sobre todo, o máis importante é crer na igualdade". De aí que sexa de suma importancia traballar día a día o Principio de Igualdade.
A mostra bibliográfica, con materiais para público infantil e materiais para público adulto, estará dispoñible do 14 de xaneiro ao 31 de marzo, e está composta dunha selección de fondo bibliográfico e documental de mulleres que fan da súa vida unha loita por este principio de igualdade, a pesar de que as condicións sociais non son nin foron as máis axeitadas.
Este ciclo temático está acompañado de actividades orientadas a reforzar o papel da muller na nosa sociedade e sobre todo a EDUCAR NA IGUALDADE DE XÉNERO para previr a desigualdade no futuro e construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e diversa.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible