Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

O CORNO de Jaione Camborda

Programación especial DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 15/05/2025, 16/05/2025, 17/05/2025

Xa rematou

Horario:

Xoves: 20.00 h

Venres: 20.00 h

Sábado: 17.30 e 20.00 h

Duración:

99 minutos

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Prezo: 3,00 €

Descontos

Carné xove + 65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €

Sesión do/a espectador/a: sábados ás 17:30 h; prezo único: 1,50 €

** Para aplicar os descontos, é imprescindible presentar o documento que o acredite no momento de comprar a entrada e no acceso ao lugar da proxección.

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Pídese puntualidade. Unha vez comezada a proxección, non se permitirá o acceso á sala nin se garante se se abandona a sala durante a dita proxección. 
  • Ao acceder á sala de cine, poderase pedir o documento que acredite o beneficio dalgún dos descontos aplicables segundo as políticas de descontos. 
  • Non se admiten cambios nin devolucións, excepto en caso de suspensión. 
  • Non se permite o consumo de alimentos nin bebidas na sala. 
  • Non está permitido gravar ou fotografar as películas. 
  • Apaguen os móbiles antes de que comece a proxección. O seu son e a luz molestan o público asistente. 
  • As salas de cine teñen reservado o dereito de admisión. 
  • Por normativa de evacuación, todas as persoas que accedan ás salas de cine teñen que contar con entrada, independentemente da idade que teñan e de que ocupen ou non butaca. 
  • Os carros e soportes de bebés deixaranse nos espazos habilitados para eles fóra da sala. O persoal do edificio daralles as indicacións. 
  • Recomendamos consultar a sinopse e idades recomendadas das películas. 
  • Garde as súas localidades durante a proxección; poderán serlle requiridas pola persoa responsable da sala. 
  • A organización resérvase o dereito de recolocación da localidade por causas xustificadas e necesarias. 

RECOMÉNDASE:

  • Actuar con responsabilidade.

Organiza:

Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

Contacto:

forummetropolitano@coruna.gal

Con Janet Novás, Siobhan Fernandes

España 2023

99 minutos - VOSE

Non recomendada para menores de 12 anos e distintivo Especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero

Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que gana a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida na illa por axudar a outrass mullers no parto con especial dedicación e cuidado. Tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que lle fará loitar pola súa supervivencia. En busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal.

2023 Festival de San Sebastián - Concha de Oro á Mellor Película

2023- Premios Goya-Mellor Actriz Revelación

Enlace ao tráiler

https://youtu.be/aBXSTZPXWfI

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Fórum: unicamente os días de proxección, desde media hora antes (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 a 19.30 h (excepto festivos)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible