Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Obradoiro de buxainas e perinolas

Preparándonos para poñer a bailar as buxainas!

A quen vai dirixido?:

De 11 a 12 anos

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

05/04/2025

Inscricións:

Dende o 29/03/2025 ata o 05/04/2025

Require inscrición

Horario:

De 11.30 a 13.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Número de prazas:

12

Contacto:

O sádado 5 de abril, ás 11.30h, contamos co terceiro obradoiro sobre buxainas e perinolas na  Biblioteca Durán Loriga para poñer a bailar todas as que se nos poñan nas mans!

Na sala de Exposicións Salvador de Madariaga (a que está no propio edificio da biblioteca) contamos dende o día 13 de marzo ata o 4 de maio, cunha exposición dedicada en exclusiva ao mundo das buxainas e das perinolas, e a biblioteca non podía deixar pasar a oportunidade de sumarnos á homenaxe que este xogo interxeracional tanto se merece.

Na biblioteca contamos cunha mostra de libros dedicados a estes xoguetes e ao mundo dos xogos que, pensando na primavera que xa asoma, seguro que darán moitas pistas do que podemos facer para botar unhas risas.

A biblioteca acollerá un obradoiro para a rapazada de entre 10-12 anos con moitas ganas de poñer a bailar buxainas e perinolas que traian ou que descubran aquí. O taller tamén contará con xogos creativos nos que deseñar e decorar a súa propia buxaina.

E se algún familiar quere acompañalos tamén poderá.

Para participar, só tedes que inscribirvos. Esperámosvos!

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible