Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?

Obradoiro: Únete á revolución pacifista: customiza!

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Atemporal: a biblioteca está de moda"

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 9 a 14 anos

A quen vai dirixido:

Infantil

Cando:

09/04/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 02/04/2025 ata o 09/04/2025

Require inscrición

Horario:

Das 18.30 ás 20.00 h

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

mércores 9 de abril ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Únete á revolución pacifista: customiza!impartido por Raquel de Ana Rodríguez (Deriva Cultural), para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Obradoiro enfocado á rapazada cunha parte teórica na que se falará da contaminación e a non xestión dos residuos desta industria. Haberá unha segunda parte na que transformarán unha prenda de roupa para darlle unha segunda vida.

En Únete á revolución pacifista: customiza! no Fórum Metropolitano falaremos do impacto ambiental, social e económico que supón o fenómeno da moda fast fashion e o low cost. Poremos en valor a importancia de reutilizar e despregar a nosa creatividade customizando unha prenda de vestir que será proporcionada pola rapazada.

Deste xeito queremos concienciar a sociedade da importancia de coidar o ambiente e de aproveitar os recursos que temos á man. Collede unha prenda que teñades na casa e vide cambiarlle o estilo para que pareza nova!

*A rapazada proporcionará unha prenda de vestir para customizar (cazadora, pantalón, camiseta, gorra...)

Actividade con inscrición previa.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible