Monólogos no Fórum
Para público en xeral
20/04/2017
Xa rematou
20.30 h
7,00 euros (carné xove, + 65 anos ou persoas desempregadas: 6,00 euros)
Venda anticipada ata o día anterior ao espectáculo ás 23.59 h: 5,00 euros.
Tel.: 981 184 293
Nacín en San Román de Cervantes, Os Ancares, Lugo en 1975.
Tardei en aprender a ler porque confundía a orde das letras e as palabras, as persoas encargadas da miña educación dicían que tiña imaxinación pero que non me centraba. Poida que por levarlles a contraria desde entón reteño todo o que observo e convértoo en historias, agora expoñelas con imaxinación é a miña profesión.
"A ruptura cos mestres é condición necesaria para que xermine a vontade real de escribir" Carmen Martín Gaite.
Pero antes de que así fose traballei como: "pipa" en concertos, director de campamentos, impartín clases de animación, fun monitor de persoas con parálise cerebral, traballei como monitor en campamentos da ONCE e matriculeime en psicoloxía. A miña carreira universitaria durou pouco porque comecei a traballar como animador de tempo libre nun concello no que estiven dez anos. Parecía que a miña vida estaba destinada ao tempo libre e todas esas historias retidas na miña cabeza pedían a berro que lles dedicase máis tempo.
En febreiro de 2009 fíxenlles caso, deixei o meu traballo na administración pública e comprometinme con elas. Agora esas historias teñen toda a miña atención e móstroas de todas as formas que podo.
Este é o meu mundo, grazas por interesarte por el.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Fórum Metropolitano: aberto só días de función desde unha hora antes (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
12/07/2024
Dende o 21/06/2024 ata o 29/07/2024
Dende o 03/10/2024 ata o 04/10/2024
Dende o 11/10/2024 ata o 12/10/2024
18/10/2024
16/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible