Poetas de Galicia e do contorno mediterráneo para o último trimestre de poetas di(n) versos.
Para público en xeral
Os días 23/04/2018, 28/05/2018, 04/06/2018
Xa rematou
20.30 h
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Gratuita
Mes a mes de maneira ininterrompida, a programación poética do Concello da Coruña continúa a reunir no Centro Ágora o mellor da poesía de Galicia e do resto do mundo e encara agora o último trimestre de recitais deste noveno curso consecutivo.
Faino xuntando tres poetas en galego, chegados dende as provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense, e outros tantos do contorno mediterráneo, dende idiomas masivos coma o árabe ata linguas en perigo de extinción coma o occitano. Poetas dende o sur de Francia, Palestina ou Barcelona, dende as propostas máis clásicas ata as máis innovadoras, darán conta da rica diversidade e altísima calidade da lírica que se escribe hoxe no ámbito galego e no internacional.
Patrocinado pola Concellaría de Culturas da Coruña, POETAS DI(N)VERSOS é un proxecto creado pola tamén poeta e xestora cultural compostelano-coruñesa Yolanda Castaño, que o coordina dende 2009. Os actos, de arredor dunha hora de duración, son sempre abertos e gratuítos para todo o público interesado, e mostran canto pode comunicar a poesía contemporánea.
A primeira das citas permitiranos celebrar unha xornada como a do Día do Libro demostrando a boa saúde dun xénero coma o poético. Así, o luns 23 de abril a francesa Aurélia Lassaque fará parella cun nome tan consagrado das letras galegas coma o de Darío Xohán Cabana. Se el cultiva a poesía, a narrativa, a literatura infanto-xuvenil, a tradución e o ensaio en galego, ela compón versos nunha lingua en risco de desaparición: o occitano. Forte defensora da diversidade lingüística, adoita enriquecer o seu recital con pequenos cantos na súa lingua, a mesma daqueles trobadores medievais que o propio Cabana vertera para o galego. Pola súa banda, a obra de Lassaque, que está a concitar un enorme interese por toda Europa e América, foi xa traducido a un bo número de linguas.
As seguintes citas serán o 28 de maio e o 4 de xuño, cando as poéticas do palestino Najwan Darwish e as do mozo vilagarcián Antón Blanco Casás darán paso aos recitais de dúas mozas poetas ambas nadas en Ourense: Celia Parra, que desenvolve a súa obra en galego, e Miriam Reyes que, emigrante dende nena (primeiro en Venezuela, logo en Cataluña), o fai en castelán. Se eles aderezan unha poesía non exenta de contido político con altas doses de lirismo e estilización, elas apostan polo audiovi- sual e as tecnoloxías á hora de experimentar novos xeitos de comunicar unha poesía que chegou para quedar.
POETAS DI(N)VERSOS segue constituíndo a maior cita poética regular de todo o Estado español, e mereceu en 2014 o Premio da Crítica Galicia á Mellor Iniciativa Cultural.
21/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
28/10/2024
Acceso libre até completar a capacidade
04/11/2024
Acceso libre ata completar capacidade
18/11/2024
Acceso libre até completar capacidade
Dende o 12/08/2024 ata o 08/01/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible