Gala Polavila Docampo no Auditorio do Fórum Metropolitano
Persoas adultas, Xuvenil
05/04/2024
Xa rematou
Aceso libre ate completar a capacidade.
De 20.00 h a 22.00 h.
bforum@coruna.gal
Tel.: 981 184 298
O próximo 5 de abril ás 20.00 h teremos a Gala Polavila Docampo no Auditorio do Fórum Metropolitano.
Organizado pola Iniciativa Polavila Docampo, Biblioteca Municipal Fórum e a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Colaboran GALIX e Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Estará conducida por Paula Carballeira, Lois Pérez e Isabel Risco.
Contará coa presenza dos membros da Xeración Lamote: Paco Martín, Fina Casalderrey e Xavier Senín.
Escoitaranse os poemas de Mans na voz de Daniel Puente Bello, ao que seguirán as voces das poetas Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Antonio García Teijeiro e Antía Otero.
Lecturas de textos de Xabier por parte dalgunha das súas amizades Francisco Fernández Naval, Mercedes Queixas, Irene Penas e Concha Blanco. Rematará a gala cunha rolda de contos de medo de Lois Pérez, María da Pontragha, Antonio Reigosa e Paula Carballeira.
A música correrá a cargo da cantora Uxía.
Tamén che pode interesar
21/11/2024
23/11/2024
25/11/2024
Acceso libre até completar a capacidade
Os días 07/11/2024, 14/11/2024, 21/11/2024, 28/11/2024
Entrada libre coa inscrición previa nesta ligazón
02/12/2024
Acceso libre até completar a capacidade
09/12/2024
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible