Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Todo é Ciencia"
Persoas adultas, Xuvenil
23/04/2018
Xa rematou
De 19.00 a 20.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Oímos tantas veces aquilo de «tes que tomar o zume mesmo cando se acaba de espremer porque se lle van as vitaminas» que xa ninguén o pon en dúbida. Descubre este e outros moitos segredos e mitos que só a ciencia pode resolver.
Existen centos e centos de rumores na nosa vida cotiá e, ao parecer, cada persoa ten unha explicación distinta para eles ou, mesmo, a solución perfecta. A nosa avoa dicíanos que corrésemos a beber o zume recentemente espremido, que se lle ían as vitaminas; oímos a miúdo que o azucre moreno é mellor que o azucre branco; mesmo nos dixeron que as ondas wifi producen cancro. Pero, que hai de certo en todo iso?, ¿quen nos pode dar respostas?
Deborah García Bello, unha das divulgadoras científicas máis seguidas do noso país, cos seus amplos coñecementos en química, daranos as respostas a estas e moitas máis preguntas que nos permitirán non só rexeitar os bulos senón ter os argumentos necesarios para lle rebater á próxima persoa que nos diga aquilo de: "que se lle van as vitaminas!"
Porque á fin e ao cabo é a ciencia a que nos pode descubrir aqueles segredos cotiáns que nos fascinan.
Tamén che pode interesar
23/11/2024
25/11/2024
Acceso libre até completar a capacidade
Os días 07/11/2024, 14/11/2024, 21/11/2024, 28/11/2024
Entrada libre coa inscrición previa nesta ligazón
02/12/2024
Acceso libre até completar a capacidade
09/12/2024
Acceso libre ata completar capacidade
Os días 04/11/2024, 09/12/2024, 16/12/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible