Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Todo é ciencia: ciclo temático

todo é ciencia

Durante o segundo trimestre do 2018 temos na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano un Ciclo Temático adicado á Divulgación científica. Baixo o título "Todo é ciencia", hai programada unha serie de actividades para todas as idades, xunto cunha mostra bibliográfica con diversos materiais.

A divulgación científica é o conxunto de actividades que interpretan e fan accesible o coñecemento científico á sociedade, é dicir, todos aqueles labores que levan a cabo o coñecemento científico ás persoas interesadas en entender ou informarse sobre ese tipo de coñecemento. A divulgación pon o seu interese non só nos descubrimentos científicos do momento, senón tamén en teorías máis ou menos ben establecidas ou aceptadas socialmente ou mesmo en campos enteiros do coñecemento científico.

A xente ten necesidade dunha base científica para tomar decisións sobre a súa día a día, por exemplo, sobre a saúde, sobre vacinas, sobre terapias a seguir ou para entender o que lle di o seu médico. Fronte a determinadas fontes, moi ricas en nomenclatura, son necesarias fórmulas que funcionen mellor para establecer un vínculo entre os científicos e o público.

Queremos destacar á Biblioteca como unha figura indispensable na comunicación pública da ciencia, xa que forma parte da súa esencia mesma como centro de divulgación de coñecemento.

Ciencia e divulgación científica nas bibliotecas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión