Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
04/06/2018
Xa rematou
De 19 a 20 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981 184 298
Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Todo é Ciencia"
Os monólogos científicos están a revolucionar o mundo da divulgación. Alba Aguión falaranos de insectos e o seu traballo con eles a través desta nova ferramenta, tras gañar o concurso de monólogos de ciencia Famelab 2016. Descobre a verdadeira vida das formigas e cigarras!
Bióloga e ecóloga, nada na Coruña en 1990 e titulada con dobre especialidade en Bioloxía Mariña e Zooloxía pola Universidade de Santiago, Alba Aguión obtivo o premio extraordinario de fin de carreira. Cursou un máster en Ecoloxía e Xestión do Medio ambiente en York (Reino Unido), experiencia durante a cal estudou a actividade microbiana dos glaciares Árticos e o control dunha especie invasora de formiga. Na actualidade traballa como investigadora na Universidade de Vigo.
Os seus estudos e traballo leváronlle a varios puntos do globo en categoría de investigadora, traballo que compaxinou co de divulgadora e comunicadora científica, visitando centros de ensino onde trata de motivar ao público infantil para que se interese pola ciencia.
Grazas ás súas capacidades comunicativas e coñecementos, Alba gañou o IV edición de Famelab España, quedando segunda a nivel mundial
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible