Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Primaletras: Encontro - obradoiro con Antonio García Teijeiro (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil)

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras", posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura nos meses da primavera (marzo/maio).

A quen vai dirixido:

Infantil, Familias

Cando:

31/03/2022

Entrada libre ata completar capacidade.

Xa rematou

Horario:

18.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Hashtag:

#PrimaLetras

Contacto:

Encontro-obradoiro co escritor Antonio García Teijeiro, especialista en literatura infantil e xuvenil que compaxina a súa faceta creativa coa de mestre e crítico literario.

Son moitos os recoñecementos que tiveron as súas obras, pero co libro Poemas ao mar, alzouse co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017.

EN QUE CONTISTE A ACTIVIDADE

É unha actividade pensada para unha toma de contacto co proceso creativo dun libro e como se crean as historias que habitan nel. 

No encontro os nenos e nenas poderán experimentar cunha dinámica de xogo como é iso de escribir, como se busca a inspiración, ademais de ver e escoitar a un escritor que conta e publica historias para o público infantil. 

Aínda que os nenos e nenas son os protragonistas a actividade está aberta ao público adulto: familias, docentes, etc. Eles tamén terán o seu sitio reservado. 

Antonio García Teijeiro

Ademais do Premio Nacional foi e é  recoñecido con importantes premios. Recibiu os premios Merlín pola obra Na fogueira dos versos (1996), libro co que entrou na listaxe de honra do IBBY, o Premio Europeo "Pier Paolo Vergerio", promovido por la Universidade de Padua (1998) e o Premio de poesía "Illas Sisargas" co poemario Arredor do teu corpo (2006), entre outros.

Os seus libros son lidos por miles de escolares, con máis de trinta poemarios editados para a xuventude e con poemas incluídos en numerosas antoloxías, tanto en galego como en castelán ou catalán, en España e Latinoamérica.

Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos galegos e por intérpretes da altura de Antón Seoane e Paco Ibáñez.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión