Actividade enmarcada no ciclo temático "Conta a lenda..." adicado a tradición oral como herdanza cultural e memoria dunha sociedade.
Persoas adultas, Xuvenil
16/05/2024
Xa rematou
De 19.00 h. a 20.00 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
O xoves 16 de maio ás 19 h. na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano temos da man de Xurxo Souto e Lupe Blanco un achegamento ás Regueifas.
Dentro do ciclo temático "Conta a lenda..." adicado a tradición oral como herdanza cultural e memoria dunha sociedade, realizarase un achegamento de Regueifas unha boa oportunidade para dar visibilidade a este arte tan noso.
Ollos ben abertos, orellas atentas e os pés cravados no chan. Dende o comezo ninguén pode xa, quitar a atención das rimas. Xurxo Souto e Lupe Blanco están considerados dous dos maiores expoñentes da regueifa en Galicia. As claves da regueifa, dos brindos ou loias, son a súa rapidez e espontaneidade (carece de interludios musicais e de pausas entre os versos), e sobre todo o enxeño, porque é o que fai que o público se entusiasme coa capacidade das repentistas para saíren airosas dos envites máis agudos en décimas de segundo e de forma totalmente improvisada, como se fosen prestidixitadoras da lingua.
Acceso libre até completar capacidade.
Tamén che pode interesar
21/11/2024
23/11/2024
25/11/2024
Acceso libre até completar a capacidade
Os días 07/11/2024, 14/11/2024, 21/11/2024, 28/11/2024
Entrada libre coa inscrición previa nesta ligazón
02/12/2024
Acceso libre até completar a capacidade
09/12/2024
Acceso libre ata completar capacidade
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible