Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Sen Numerar Primavera 2023: "Iphixenia na porta do súper", de Compañía Humana

"Iphixenia na porta do súper" é unha crítica aos recortes nos servizos públicos, sobre todo na sanidade, que fai un paralelismo entre o mito clásico de Iphixenia e unha rapaza de barrio actual. "Iphixenia na porta do súper" é unha revisión contemporánea do mito clásico de Eurípides. Unha brillante versión premiada como mellor texto do 2015 nos UK Theatre Awards for Best New Play.

A quién va dirigido:

Juvenil, Para público en general

Cuándo:

31/03/2023

Ya ha finalizado

Horario:

21:00 h 

Dirección:

Auditorio del Fórum Metropolitano. Calle Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Precio:

ENTRADA: 9,00 €; descontos (Carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 € 

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos poden ter capacidade reducida.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Iphixenia, unha "nini" de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía roldando as rúas da súa vila. Unha noite coñece un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará a protagonista a sufrir unha gran perda.

Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar os deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara á sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tras as colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

FICHA ARTÍSTICA

Intérprete: Alba Caneda

Autoría: Gary Owen

Dirección: Sara Rey

Adaptación: Fran Peleteiro e Alba Caneda

Escenografía e iluminación: Carmen Casal e María Torres (As Dúas en Punto)

Deseño de son : Compañía Humana

Vestiario: Compañía Humana

Drama. Monólogo de teatro contemporáneo

Duración: 75 minutos

Idioma: galego

Especialmente recomendada para público xuvenil

PREMIO AO MELLOR TEXTO DO 2015 NOS UK THEATRE AWARDS FOR BEST NEW PLAY

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión