Imaxe tomada de Pixabay
Taller de ilustración para aprender, de forma práctica, as peculiaridades dos artistas rusos, a súa cultura e as súas influencias na literatura infantil.
De 8 a 12 anos
Infantil
01/04/2017
Xa rematou
Dende o 25/03/2017 ata o 01/04/2017
de 12 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Tel.: 981 184 388
Con motivo do Día Internacional do Libro Infantil, no que se conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen, realizamos un taller de ilustración da man de Irene Sanjuán, ilustradora e deseñadora gráfica coruñesa, dirixido a un público de entre 8 e 12 anos.
Desde o IBBY (Organización Internacional para o Libro Xuvenil), este ano escolleuse a sección rusa, representada polo poeta Sergey Makhotin e o ilustrador Mikhail Fedorov, autores do texto e cartel respectivamente do Día Internacional do Libro Infantil. Por isto mesmo, o taller de ilustración partirá do conto "Matrioska", de Dimiter Inkiow, para dar renda solta ás famosas bonecas rusas, que montarán un auténtico photocoll e algunha sorpresa máis!!!
Lecturas e ilustración sempre unidas para promover a lectura e coñecer un pouco máis sobre os contos de tradición oral rusa, a súa ilustración e os costumes da vida cotiá.
Acompañará a esta celebración unha selección de contos de Andersen, e de autores e ilustradores rusos, que poderedes levar para a casa para gozalos como se merecen, coa calor das nosas casas.
Tamén che pode interesar
22/11/2024
22/11/2024
22/11/2024
23/11/2024
23/11/2024
23/11/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible