Por segundo ano consecutivo presentamos dentro do TRCDanza a ventá Oasis Paraíso, un programa triplo composto por distintos traballos que foron desenvolvidos durante o programa de Residencias Paraíso 2018, un programa de residencias artísticas para as artes vivas en Galicia impulsado polo Colectivo RPM co apoio do AGADIC.
Para público en xeral
14/09/2019
Xa rematou
20.30 h
100 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
(Se vostede merca entradas con desconto nos despachos de billetes debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao teatro)
(Se vostede merca entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe amosar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
Comezamos a velada con Illas desertas da compañía ArtesaCía. Unha peza que explora a idea da perda do obxectivo, da falta de destino, a través do contacto con homes e mulleres nos que só queda o xesto difuso dunha meta, dun mecanismo socioeconómico que se desfai na súa corporalidade. Como é habitual nesta compañía, composta pola actriz Laura Villaverde e o artista visual Roi Fernández, é unha proposta escénica transmedia. A narrativa do movemento escénico mestúrase con videomapping interactivo sobre grandes retratos de camiñantes á deriva.
Coa conferencia arredor do traballo Sobre o concepto do tempo de Marco Antonio Regueiro substitúe a noite. A súa investigación inspírase no rito arcaico da danza do abellón, unha danza funeraria na que os asistentes tomando das mans viraban ao redor do caixón imitando o zumbido dunha abella para preparar a alma do falecido para a súa viaxe ultramundana. Coreógrafo e dramaturgo, o seu traballo está baseado no pictorialismo renacentista, o significado da paixón e a revalorización da in-acción diante a potencialidade da beleza para representar o lugar que a memoria ocupa na sociedade contemporánea.
Para finalizar este programa triplo Gena Baamonde presenta Metodoloxías carroñeras para corpos investidos. Un proxecto de investigación activa e desleal en formato desbordado arredor da lectura escénica dos corpos sexuados. Bastardía disciplinar que parte da conferencia- performance como linguaxe de exploración inicial para axuntar investigación teórica e práctica corporal. Esta proposta xorde da necesidade de expandir, de acompañar, de traducir á linguaxe escénica o proceso de investigación académica "Sexualidades Des-Xeradas na Práctica Escénica Contemporánea" no que a autora leva inmersa nos últimos anos.
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web:
27/09/2024
28/09/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 28/09/2024
01/10/2024
Dende o 27/09/2024 ata o 01/10/2024
A inscrición comezará ás 10.00 h. A actividade está dirixida a crianzas de 0 a 3 anos (incluídos), acompañadas dunha persoa adulta. Só precisa a inscrición a/o nena/o.
Se por algún motivo non puiderdes vir á actividade, agradecemos que nolo comuniquedes para que poidan asistir outras persoas.
Pídese puntualidade.
04/10/2024
04/10/2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible