As representacións celebraranse entre o 7 de abril e o 13 de maio.
Para público en xeral
Dende o 07/04/2025 ata o 13/05/2025
Dirixida a grupos de teatro escolar dos centros educativos do Concello da Coruña dos niveis de educación infantil, primaria e secundaria, a 'Mostra de Teatro Escolar' celebra esta ano a súa XXXIV edición. Este programa busca potenciar, promover e difundir a actividade teatral feita por escolares entre o alumnado dos centros educativos do concello.
A edición 2024/2025 do programa reúne a un total de 25 grupos teatrais pertencentes a 16 colexios e institutos da cidade, distribuídos en 3 categorías educativas: educación infantil (2 grupos), educación primaria (17 grupos) e educación secundaria e bacharelato (6 grupos).
As actuacións terán lugar tanto en horario de mañá como de tarde e consistirán en representacións entre centros, o que se lle permitirá ao alumnado compartir experiencias e coñecementos escénicos coa comunidade educativa da cidade. O cronograma pode consultarse a través da seguinte ligazón: Cronograma da Mostra de Teatro Escolar 2024/2025
O programa finalizará coa representación das obras gañadoras e a entrega de premios o venres 6 de xuño, ás 17.00 horas, no Fórum Metropolitano.
Actividades relacionadas
Documentos relacionados
Dende o 21/04/2025 ata o 05/05/2025
Dende o 12/05/2025 ata o 14/05/2025
16/05/2025
Dende o 06/05/2025 ata o 19/05/2025
Dende o 07/04/2025 ata o 31/05/2025
Dende o 17/03/2025 ata o 03/06/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible