Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2024

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria toma nota dos últimos actos vandálicos

A empresa Valoriza recolleu no día da onte 67 toneladas de lixo

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento este xoves do estado actual da recollida de lixo, así como das incidencias vandálicas que se están a producir.

Desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, produciuse a queima de 150 contedores nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos de case 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños, como vehículos particulares e incluso un inmoble.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na súa sétima xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 67 toneladas de lixo, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 396 toneladas de lixo.

Balance de incidencias na pasada xornada

Na pasada quenda de noite rexistráronse dúas incidencias asociadas á queima de contedores. A primeira delas foi na rúa Petunias ás 1.22 horas, onde se queimou un colector e o lume afectou á fachada e ao inmoble do número 13 da rúa Camelias. Por outra banda, ás 2.14 horas, queimouse un colchón xunto a uns contedores na rúa Juan Sebastián Elcano. O lume deteriorou o colector do vidro sen chegar a inutilizalo.

Folga indefinida

No cuarto día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas tres primeiras xornadas. Malia non haber ningún traballador en folga, as rúas permanecen con acumulacións de lixo sen recoller.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 35%

Cidade Vella: 45%

Pescaría - Centro: 100%

Os Rosales - Labañou: 15%

Estadio: 100%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 45%

Sagrada Familia: 35%

A Sardiñeira - Elviña: 10%

Os Mallos: 30%

O Castrillón: 35%

Os Castros: 35%

Matogrande - Eirís: 0%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 0%

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión