20 de setembro de 2024
A competición, na que colabora o Concello, realizarase na Escola Maroña Indoor desde as 11.00 horas
Esta fin de semana realízase na Coruña o Campionato Galego Rampla (Bowl) para skaters federados/as en Galicia. A competición desenvolverase nas instalacións da Escola Profesional de Skate Maroña Indoor situadas na avda. Nostián (Polígono A Artística) Nave 11 da Coruña. O Concello da Coruña colabora na organización deste evento, co que promove o deporte entre a mocidade.
As categorías da competición serán a sub16 e absoluta feminina e masculina e o horario do evento prolongarase desde as 11.00 ata as 20.00 horas. Ás 11.00 h comezará a sesión de adestramento libre e aproximadamente ás 13.00 iniciarase a competición coa primeira manga. A partir das 16.00 e ata as 20.00 h os/as participantes loitarán por clasificarse nos primeiros postos da competición. A partir das 20.00 horas terá lugar a entrega de trofeos.
Os clubs participantes virán de toda Galicia e serán: Maroña Indoor (A Coruña), Viejo Lobo (Pontevedra), Northside (A Coruña), Barrier (Vigo) e Barrel (Narón). O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participará na entrega de trofeos, amosando o compromiso do Goberno de Inés Rey con todas as modalidades deportivas e a súa práctica entre a cidadanía para fomentar hábitos de vida saudables.
O campionato está organizado pola Escola Profesional de Skate Maroña Indoor coa colaboración do Concello da Coruña e a Federación Galega de Patinaxe.
9 de outubro de 2024
6 de outubro de 2024
4 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible