6 de junio de 2024
A concelleira Diana Cabanas participou no acto de apertura da mostra na Casa Museo Casares Quiroga
A Coruña acolle a exposición fotográfica da Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns do Patrimonio Mundial. A Casa Museo Casares Quiroga é a sede escollida para esta mostra, que ofrece imaxes de sitios declarados Patrimonio Mundial como a Torre de Hércules, que ademais este mes celebra o 15º aniversario da súa proclamación. Membro da Alianza, o faro romano máis antigo do mundo que segue en activo, repite como anfitrión tras acoller, o pasado mes de outubro, as xornadas 'Paisaxes e sitios. Participar para convivir'. A concelleira de Turismo, Diana Cabanas, participou no acto de apertura da mostra. A mostra forma parte das actividades que ten deseñado o Goberno de Inés Rey polo aniversario da declaración da torre.
A Alianza ten uns obxectivos claros: preservar a riqueza das súas paisaxes e fomentar a súa investigación e divulgación. Para iso promove a cooperación entre todos os integrantes, o uso sostible da súa contorna e a concienciación cidadá sobre a importancia da súa conservación. Así mesmo, fomenta a cooperación internacional para protexer todos aqueles lugares declarados Patrimonio Mundial.
En concordancia con estes fins, a Alianza organiza reunións periódicas cos seus membros e vai trasladando a súa exposición itinerante aos distintos territorios. Neste caso, é o Concello o que, a través do seu Consorcio de Turismo e a Torre de Hércules, facilita a acollida da mostra durante todo este mes de xuño.
Más de 70 imaxes Patrimonio
A exposición conta con máis de 70 fotografías dos distintos sitios que forman parte da Alianza. Así, ofrécese a oportunidade de ver de preto as emblemáticas palmeiras de Elxe, a flora e fauna mariñas de Eivissa, os sinais de máis de dous mil anos do Risco Caído e Montañas Sacras de Gran Canaria, os impresionantes interiores da Alhambra, a Serra de Tramuntana, a arquitectura mudéxar de Aragón, os traxes típicos e a paisaxe cultural de Aranxuez ou, naturalmente, os recunchos e arredores da Torre de Hércules. A entrada é gratuíta e poderase visitar ata o domingo 30 de xuño.
26 de junio de 2024
18 de junio de 2024
14 de junio de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible