14 de novembro de 2024
A Banda Municipal, acompañada pola coral El Eco e por Cántigas da Terra, renderalle homenaxe a esta peza histórica da tradición musical galega. A actuación comezará ás 19.00 horas
A programación de outono da Banda Municipal de Música da Coruña (BMMC) chega esta fin de semana a un dos seus puntos álxidos no Palacio da Ópera, onde terá lugar un concerto especial no que se interpretará a zarzuela galega 'A lenda de Montelongo', unha actuación que contará coa participación da coral El Eco e de Cántigas da Terra.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, animou a cidadanía a non perder esta cita que terá lugar ás 19.00 horas deste domingo 17 de novembro, "na que se recuperará unha peza que forma parte do patrimonio musical galego, con cen anos de historia tras de si". Castro apuntou que a obra orixinal, de Bernardo del Río, e composta polos arousáns Manuel Rey Posse e Juan Buhígas, remóntase ao ano 1924.
Juan Miguel Romero Llopis, director titular da BMMC, estará á fronte da agrupación coruñesa, que contará sobre as táboas co apoio de Pedro Martínez dirixindo a coral El Eco, de José Luís Vázquez con Cántigas da Terra e, ademais, coa colaboración do Coro do Liceo de Vilagarcía de Arousa, en lembranza das orixes dos autores da zarzuela.
Ao longo destes días, todas as partes implicadas ultimarán os ensaios previos ao concerto, que continuarán no auditorio do Ágora este venres. Xa o sábado, terá lugar o ensaio xeral definitivo.
Como xa é habitual nos concertos da BMMC, a entrada será libre, ata completar a capacidade prevista no Palacio da Ópera. O acceso ao auditorio habilitarase dende unha hora antes do concerto, dados os cálculos de asistencia previstos á actuación.
Descarga aquí o cartel oficial do concerto 'A lenda de Montelongo' (542 KB)
25 de outubro de 2024
24 de outubro de 2024
21 de outubro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible