Concello da Coruña

Concello da Coruña
Iniciar sesión

Cando:

7 de abril de 2025

A IV edición do concurso Imaxina Coruña entra na súa fase final

O período de votacións dos 3 vídeos presentados á categoría de mellor vídeo permanecerá aberto ata o mércores 23 de abril.

O IV Concurso Imaxina Coruña 2024-25 , unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria, entra neste mes de abril na súa fase final. O pasado 31 de marzo foi o último día para que os grupos participantes presentasen as memorias finais dos seus proxectos, que nesta edición deben levar por temática "Auga limpa, futuro sostible".

Agora, un xurado sénior, composto por un mínimo de 3 membros, todas elas persoas de recoñecido prestixio na educación e na comunidade científica, e actuando como secretario/a un/unha técnico/a do Servizo Municipal de Educación, deberá seleccionar os proxectos que pasarán á final e que participarán na Feira de ideas, que se realizará o sábado 26 de abril de 2025 na Domus e onde se presentarán os devanditos proxectos.

Premio aos vídeos dos proxectos

Os grupos participantes tiñan a posibilidade de presentar, de maneira opcional, un vídeo-relato expositivo do seu proxecto, optando así a conseguir o premio a mellor vídeo. Concretamente, foron tres os grupos que presentaron este vídeo.

Os vídeos están dispoñibles para a súa visualización na canle de YouTube de Educación. Desde o luns 7 de abril ás 12.00 horas e ata o vindeiro mércores 23 de abril ás 23.59 horas contabilizaranse os "gústame" ou "likes" e as reproducións dos vídeos para determinar o vídeo gañador (terase en conta o cálculo proporcional entre reproducións e "likes"). En caso de empate recorrerase á "porcentaxe de rentención" de cada vídeo.

O grupo gañador será premiado cun estabilizador.

Lista de reprodución cos vídeos participantes: https://youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qsXWHZ9xGYwdCMEFnfxiAn9&se=j7asoAA7LOXDedyz

Vídeo "CosmÉtica natural" (CPR Escravas): https://youtu.be/jeIG18fdciA?se=BlZ5RLjZhU0Rz53v

Vídeo "Amor de auga lixeira" (IES Rafael Dieste): https://youtu.be/9ePUbe0IxA8?se=NcrB5L_BrDf7eCC_

Vídeo "O río, o noso veciño" (IES Isaac Díaz Pardo): https://youtu.be/2txMfCoKsPc?se=Jrql875Xh5GieyZA

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible