Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de agosto de 2024

A Orquestra de Cámara Galega actuará este martes na Semana Clásica das Festas de María Pita

A formación actuará na praza a partir das 21.00 horas con entrada de balde

A Orquestra de Cámara Galega tomará este martes o relevo da Orquestra GAOS na programación da Semana Clásica das Festas de María Pita 2024. A formación dirixida por Rogelio Groba Otero actuará na praza de María Pita a partir das 21.00 horas con entrada de balde.

Fundada en 1995 polo seu director-concertino, Rogelio Groba Otero, a Orquestra de Cámara Galega cumpre cun ambicioso plan de difusión no que mestura clásicos e novos repertorios. A súa calidade interpretativa permítelle abarcar un amplo repertorio, desde o barroco ata os nosos días, asumindo o compromiso de dar a coñecer a música de compositores galegos, cunha especial mención á obra de Rogelio Groba Groba.

Nesta ocasión, subirán ao escenario de María Pita coa pianista italiana Elisa D'Auria como solista. A pianista actuou con orquestras de toda Europa, América e Ásia e conta con premios en máis de corenta competicións nacionais e internacionais. Con ela, interpretarán obras do mestre Groba, Mendelssohn e A.C. Gomes.

A Semana Clásica continuará o xoves 22 coa actuación da Orquestra Xoven Sinfónica de Galicia xunto a Diana Navarro. Ademais, este mércores 21 haberá un concerto de Amizades en María Pita, tamén ás 21.00 horas con entrada de balde. Con estas dúas actuación pecharase o verán musical na praza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión