Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

8 de junio de 2024

A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará nos principais escenarios do país na temporada 2024-25 A Orquestra Sinfónica de Galicia actuará nos principais escenarios do país na temporada 2024-25

O conxunto orquestral galego manterá unha importante presenza en toda Galicia con quince concertos en Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago, Mondoñedo, Sobrado, Vilagarcía, Ponteareas e Ribeira ademais dos previstos na Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá a nova temporada da Orquestra Sinfónica de Galicia, a segunda con Roberto González-Monjas como titular e na que se poderá escoitar á formación nos principais centros musicais do país, con concertos en Madrid, Barcelona, Valladolid, Bilbao -un ano máis noutra edición do Musika-Música-, e Xirona, sen descoidar a súa presenza nos principais ciclos de concertos de Galicia, con actuacións en Ferrol, Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Sobrado dos Monxes, Vilagarcía de Arousa, Ponteareas e Ribeira. A presentación tivo lugar no Palacio da Ópera e contou coa presenza do concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro. No acto tamén interviron o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o xerente do Consorcio da Música, Andrés Lacasa; e o director da Orquestra, Roberto González-Monjas. Tamén estivo presente Natividad González, deputada da Deputación da Coruña.

"A Orquestra Sinfónica de Galicia é, por méritos propios, historia viva desta cidade e un dos grandes emblemas culturais da nosa terra, con máis de tres décadas levando por bandeira Galicia en todo o mundo", sinalou a alcaldesa durante a súa intervención, incidindo tamén no importante papel que xoga a música na sociedade. "A música é un compoñente vital e un catalizador que xera comunidade, como fai a nosa Orquestra desde hai 32 anos", dixo.

A temporada 2024-25 da OSG inclúe un total de 24 concertos de abono de venres e 11 de abono de sábado na Coruña, así como 15 concertos en diversas cidades e localidades de Galicia ás que ás xa habituais este ano se lles sumarán as de Ribeira (18 de xuño) e Sobrado, en cuxo mosteiro actuará o 19 de xuño baixo a dirección de Dima Slobodeniouk na súa primeira colaboración co ciclo Música en Sobrado, organizado por Amigos del Monasterio. Doutra banda, o Coro da OSG, dirixido por Javier Fajardo participará no Festival Ikfem en Tuy o 21 de xullo.

Novidades

A nova temporada de concertos, que inclúe dúas estreas absolutas encargas da propia OSG -Cántico para soprano solo de Fernando Buide e Ekphrasis de Nani García- e tres estreas en España -de obras de Glanert, Conneson e Wallen-, tamén servirá para presentar na temporada dúas novas directoras de orquestra que, malia a súa xuventude, se converteron nas puntas de lanza da súa xeración: a moscovita Anna Rakitina e mais a hongkonesa Elim Chan xunto coa murciana Isabel Rubio -co seu debut en agosto de 2024 en Música en Compostela- e que se sumarán ás batutas de Anja Bihlmaier e Catherine Larsen-Maguire, xa habituais na programación de abono da Sinfónica de Galicia.

Ademais, tamén debuta o director José Luis Gómez e solistas como Jan Lisiecki, Tim McAllister e Fazil Say, Nikola HIillebrand, Lukas Sternath e Yeol Eum Son. A programación propón o regreso de batutas tan significativas como as de James Conlon, Carlo Rizzi, Giarcargo Guerrero, Markus Stenz e Stéphane Denève, cuxa pegada foi moi destacada e lembrada por músicos e melómanos, así como as de Andrew Litton e Javier Perianes, na súa dupla faceta como solista e director cos concertos 1 e 3 de Beethoven. Entre todos eles, hai que mencionar a presenza dos habituais Víctor Pablo Pérez -director honorario da OSG- José Trigueros -o seu director asociado- así como o responsable artístico do Coro da OSG Carlos Mena e o seu director musical Javier Fajardo. Tamén primeiros atrís do conxunto orquestral participarán como solistas en concertos de abono: o primeiro trompa Nicolás Gómez Naval no Concerto para tenor e trompa de Strauss con Ian Bodstrige tamén como solista e Juan Ibáñez no Concerto para piccolo de Liebermann.

Ademais das estreas mencionadas, a OSG sostén a súa oferta musical para esta vindeira temporada con algúns dos piares esenciais da música orquestral dos séculos XIX e XX, con obras de Mahler (Sinfonía nº 4 e Sinfonía nº 5), Bruckner (Sinfonía nº 2, Sinfonía nº 4 e Sinfonía nº 8, seguindo co bicentenario do seu nacemento), Beethoven (Sinfonía nº 5, Sinfonía nº 6 -en concerto coa Real Filharmonía de Galicia- e a Sinfonía nº 7), Xostacóvich (Sinfonía nº 7 e Sinfonía nº 12) e o monumental Richard Strauss da Sinfonía Alpina nunha colaboración da OSG coa súa Orquestra Nova e que reunirá en escena e fóra dela máis de 130 instrumentistas.

Outras actividades e resto de formacións

Por primeira vez, a temporada inclúe na súa programación de abono a final do Concurso de Solistas do Conservatorio Superior de Música da Coruña e, xa fóra de abono, a OSG participará por primeira vez ao completo no Festival Resis.

Doutra banda, a Orquestra Infantil, o Coro Infantil, o Coro Novo e mais o Coro da OSG seguirán a ofrecer concertos en Galicia e, este último, terá dúas aparicións no abono, a primeira na estrea da obra encarga de Buide e a segunda baixo a dirección de Carlos Mena no Réquiem de Cherubini ao bordo do final da temporada, logo dunha tempada que remata agora o seu programa educativo da OSG cubrindo practicamente o total de prazas ofrecidas, con preto de 22.000 estudantes.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión