26 de julio de 2022
As dúas funcións diarias programadas celebraranse con entrada libre ata completar capacidade
A quinta edición da Mostra Internacional de Teatro, MIAT, desenvolverase no areal do 28 ao 31 de xullo
A praia de Santo Amaro converterase de novo no privilexiado escenario que acollerá a representación das oito obras teatrais incluídas nunha nova edición da Mostra Internacional Área de Teatro (MIAT). O festival, que terá carácter gratuíto, desenvolverase no areal coruñés do 28 ao 31 de xullo, con dúas representacións diarias.
Será a quinta edición de MIAT, que se consolidou como un referente e cita ineludible para a cultura e o teatro no verán coruñés, dando cabida a unha variada oferta teatral nun marco incomparable como é a praia de Santo Amaro, que se converterá nun singular e privilexiado escenario durante os últimos catro días deste mes. Como é habitual, todas as sesións teatrais serán de balde e a entrada será libre ata completar a capacidade dispoñible.
A programación desta edición iniciarase este xoves, 28 de xullo, ás 17.00 horas, coa representación a cargo de Teatre Blau da 'Vida secreta de Tenesse Williams', unha obra intimista a través da que se poderá afondar na figura deste dramaturgo norteamericano, da man do actor Marti Pera Ferrer. A sesión nocturna, das 23.00 horas, correrá a cargo da compañía galega Vaiembora, que poñerá en escena a obra 'Cariño', abordando temas como o amor tóxico e a dependencia emocional, especialmente desde a perspectiva dos adolescentes.
O venres 29 ás 17.00 horas poñeranse en escena 'Quixote', obra dirixida a público infantil a cargo da compañía Pedras de Cartón, que aborda a obra de Cervantes en clave de comedia e a través da relación entre Sancho Panza e o propio Quixote. Ás 23.00 horas a compañía Barrosanta representará 'Ragazzo', que se expón como unha oda á mocidade, á liberdade e á dignificación das persoas.
Xa o día 30 ás 17.00 horas presentarase 'Fatum', unha obra especialmente visual a cargo da compañía O Catre Teatro, que aborda o debate sobre se a vida é un conxunto de accións fortuítas, casuais e ao azar ou está rexida por un destino inmutable e escrito. Ese mesmo día, a partir das 23.00 horas, poñerase en escena 'El matrimonio Palavrakis', coa compañía navarra El Puntido teatro, que conta a turbulenta vida conxugal de Elsa e Mateo, vítimas de malos tratos desde a infancia ata o final das súas vidas.
O último día da mostra, o 31 de xullo, pecharase con outras dúas representacións. Ás 17.00 horas está programada a obra en clave de humor 'Ano 0 Antes de Cristo', a cargo de Espazo Amateur Feteagal e Allegro Teatro. Xa ás 23.00 horas será 'Running', a cargo da compañía galega De Ste Xeito, a que pechará a programación cunha parodia sobre o actual ritmo de vida.
Deste xeito, a praia de Santo Amaro volverá ser o escenario que permita achegar o teatro a todo tipo de públicos, tanto infantil como adulto, cunha variada e atractiva oferta, que converten ao areal e a MIAT nunha cita no verán coruñés, e que se enmarca dentro das políticas de promoción cultural postas en marcha polo executivo de Inés Rey.
19 de diciembre de 2024
17 de diciembre de 2024
14 de diciembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible