Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de agosto de 2024

A primeira xornada co reforzo diúrno no servizo de emerxencia para a recollida do lixo rematou coa retirada de 71 toneladas das rúas

No noveno día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas anteriores xornadas

A Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de persoal técnico municipal das diferentes áreas, fixo seguimento este martes do estado actual da recollida de lixo.

Neste sentido, onte púxose en marcha a nova quenda de limpeza a consecuencia da ampliación da emerxencia sanitaria a toda a cidade, que entrou en vigor este luns. Outros 22 operarios de Valoriza, empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, sumáronse aos 32 que xa estaban a traballar previamente. Isto supuxo, en termos prácticos, un reforzo do 40% no cadro de persoal de operarios que está a executar a recollida de emerxencia.

Mentres non se normalice a situación, os equipos de Valoriza traballarán en dobre quenda en horario diúrno, das 7.15 ás 15.15 horas, e das 15.15 ás 23.15 horas. 

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na xornada de onte, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolleu un total de 71,5 toneladas de lixo, sen incidencias.

Desde a posta en marcha da recollida de emerxencia dos residuos acumulados nas rúas, os operarios de Valoriza xa recolleron un total de 747,5 toneladas de lixo.

Sen incidencias por queima de contedores

Durante a noite do luns 5 a este martes 6 de agosto non se rexistrou ningunha incidencia por queima de contedores.

Con todo, desde o pasado 24 de xuño, no San Xoán, o Concello contabilizou 159 contedores queimados intencionadamente nos diversos distritos da cidade, actos vandálicos que, ademais de implicar uns custos duns 400.000 euros para as arcas municipais, tamén están a supoñer afectacións e danos a bens patrimoniais das veciñas e veciños da Coruña.

A folga indefinida, sen traballadores secundando o paro

No noveno día de folga indefinida, segundo confirma a concesionaria, ningunha persoa traballadora secundou o paro, ao igual que nas anteriores xornadas.

Malia non haber ningún traballador en folga, as porcentaxes de recollida seguen sendo baixas nalgúns barrios, como confirman as porcentaxes da pasada noite en barrios como O Castrillón, Matogrande e Eirís, e inexistentes en barrios como a Sagrada Familia.

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 50%

Cidade Vella: 40%

Pescaría - Centro: 95%

Os Rosales - Labañou: 100%

Estadio: 75%

Ventorrillo - Agra do Orzán: 55%

Sagrada Familia: 0%

A Sardiñeira - Elviña: 75%

Os Mallos: 45%

O Castrillón: 10%

Os Castros: 55%

Matogrande - Eirís: 20%

Mesoiro - Feáns - Valaire: 40%

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión