Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2024

Castro de Elviña celebra este sábado as súas festas con música e gastronomía

Os festexos serán terán lugar na rúa Catecismo

Castro de Elviña celebrará este sábado, 19 de outubro, as súas festas populares con diferentes propostas musicais, de ocio e gastronómicas. O Goberno de Inés Rey promove estes festexos como parte das festas nos barrios, que buscan dinamizar os diferentes distritos impulsando actividades que favorezan a convivencia de veciños e veciñas.

As festas de Castro de Elviña celebraranse na rúa Catecismo e comezarán pola mañá, cunha sesión vermú que contará con José Brea e Lidia Sueiro. Haberá, ademais, xogos para nenos e nenas durante toda a xornada. Tamén se celebrará un xantar popular con churrasco e paella.

As persoas asistentes que o desexen poderán participar no concurso de postres, para o que será necesario inscribirse a partir das 13.00 horas. Un xurado decidirá cal foi a mellor elaboración das presentadas. Pola tarde e a noite haberá tres actuacións musicais máis: El Corta y Piño, Derivados del Norte e Chusta.

As festas de Castro de Elviña están organizadas pola Asociación Veciñal Os Rexumeiros e o Concello.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión