Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

17 de julio de 2024

Catro barrios da cidade celebran esta semana as festas da Virxe do Carme con música e actividades para todas as idades

O Concello promove estes festexos nos barrios durante todo o ano

O Concello da Coruña promove e organiza as festas dos barrios da cidade e esta fin de semana serán catro os que festexen a Virxe do Carme con música e actividades para todas as idades. As celebracións terán lugar en Feáns, As Xubias, San Pedro de Visma e O Portiño e Mariñeiros. O Goberno de Inés Rey continúa a promover este tipo de eventos para dinamizar culturalmente aos barrios da cidade con festas populares e tradicionais. O Concello está en constante contacto con entidades veciñais e culturais para promover este tipo de encontros durante todo o ano.

Nas Xubias as festas comezarán o sábado 20 de xullo cunha romaría naval ás 12.00 horas. Ás 14.00 horas haberá unha polbada popular e música tradicional. ÁS 17.00 horas haberá xogos para nenos e nenas e a partir das 21.00 horas actuarán Bobby Drake y Joven Tensa e Folkolicos. O domingo 21 haberá sesión vermú ás 13.00 horas con Coktel Musical. Ás 14.00 horas haberá un concurso de tortillas e os festexos pecharanse cunha procesión marítima ás 17.00 horas.

En Feáns, as festas comezarán o sábado ás 14.00 horas no campo da festa coa actuación da banda DelaO. Ás 18.00 hora haberña sesión de xogos infantís, que darán paso, xa pola noite á actuación de Giro Total e de DJ Castro. O domingo 21 continuarán as celebracións con sesión vermú a cargo da orquestra Foliada d'Ases, que tamén actuará ás 22.00 horas. Pola tarde, ás 18.00 horas, haberá unha actuación dun grupo de baile galego.

O sábado 20 terán lugar tamén as festas do barrio de Mariñeiros. Comezarán, na praza do centro cívico, ás 13.00 horas cunha sesión vermú amenizada polo grupo musical Maracaibo. Ás 17.30 horas haberá unha festa infantil con hinchables e espuma. Xa pola noite, ás 22.00 horas, haberá unha actuación de Aixa Romay e ás 23.50 horas, unha sesión de fogos de artificio.

Por outra banda, a festa do Carme de San Pedro de Visma e O Portiño terá lugar o domingo 21 de xullo. A xornada comezará ás 13.00 horas con sesión vermú no porto do portiño, amenizada polo dúo José Brea & Miguelón. Haberá churrasco e paella para as persoas interesadas. Ás 17.30 actuará, tamén no porto, Jayce Show. Ás 18.30 horas comezará a procesión marítima, que contará co lanzamento de bombas de palenque. Ás 19.00 horas haberá romaría popular, con sardiñas e paella, ademais da actuación de A Nova Trova Coruñesa. Pechará a xornada a actuación do dúo Caramelo.

Categorías de la noticia

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión