5 de decembro de 2024
A cita, que forma parte da programación de Nadal, será ás 12.00 horas con entrada de balde ata completar capacidade
O ilusionista Cayetano Lledó ofrecerá este venres, 6 de decembro, a partir das 12.00 horas unha actuación especial no Teatro Rosalía de Castro. Este evento forma parte da programación de Nadal do Concello da Coruña, que conta con numerosas actividades para todo tipo de públicos durante un mes completo. O Goberno de Inés Rey deseñou este ano un programa con diferentes actuacións gratuítas como esta nos espazos municipais entre o 5 de decembro e o 5 de xaneiro.
Cayetano Lledó presentará este venres 'Máxico Super Deluxe', un espectáculo que transporta ao público ao mundo máxico deste recoñecido ilusionista. Na actuación haberá personaxes extravagantes, adiviñacións asombrosas, aparición e desaparición de obxectos da nada, humor, sorpresas, emoción e, como non, toneladas de confeti máxico.
Trátase dun show emocionante, único e exclusivo, dun dos magos galegos máis premiado internacionalmente. Unha fusión de maxia e comedia chea de hilarantes situacións que desatarán as túas gargalladas e a túa sorpresa. A entrada será gratuíta ata completar capacidade.
A programación de Nadal, día a día, xa está dispoñible na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello.
20 de decembro de 2024
18 de decembro de 2024
16 de decembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible