Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xullo de 2024

Centos de persoas participarán este domingo no II Tríatlon Cidade da Coruña

A competición desenvolverase entre o paseo do Parrote e Durmideiras a partir das 9.00 horas

O Concello da Coruña organiza este domingo o II Tríatlon Cidade da Coruña, que comezará ás 9.00 horas e contará coa participación de centos de persoas nas súas diferentes categorías. O Goberno de Inés Rey segue apostando por probas deportivas que promovan hábitos saudables de vida entre a mocidade.

O II Tríatlon Cidade da Coruña disputarase en varias distancias en categorías. Haberá un total de sete probas: benxamín (natación: 100 metros; ciclismo: 2.000 metros; carreira: 500 metros), alevín (200, 4.000 e 1.000 metros), infantil (300, 8.000 e 2.000 metros), cadete (300, 13.000 e 3.500 metros), xuvenil (300, 13.000 e 3.500 metros), junior (300, 13.000 e 3.500 metros) e absoluta (750, 20.000 e 5.000 metros). As probas benxamín, alevín e infantil forman parte do campionato galego.

O sector da natación realizarase nas augas do paseo do Parrote, coa transición na propia contorna. A continuación, realizarase o sector do ciclismo polo paseo marítimo, en dirección á Torre de Hércules, estando o xiro de retorno na glorieta de acceso ao Club do Mar, en Durmideiras. A zona de carreira será a mesma, tamén con saída desde o Parrote.

Unha vez concluída toda a competición, darase paso á cerimonia de entrega de premios, que terá lugar tamén no paseo do Parrote. Nesta proba coñecerase aos novos campións galegos de tríatlon das categorías mencionadas anteriormente. Está previsto que teña lugar ás 14.00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión