Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de xullo de 2024

As entradas para o partido están a venda a prezos populares en tickets.rfef.es

Unha zona fan para todas as idades instalarase esta fin de semana en Riazor para animar os días previos ao partido España-Bélxica

O domingo haberá unha pantalla xigante para poder seguir a final da Eurocopa masculina entre a Selección e Inglaterra

Con motivo do encontro de clasificación para a Eurocopa de Nacións feminina do 2025 entre España e Bélxica do martes 16 de xullo (19.00 horas), a RFEF e o Concello instalarán esta fin de semana unha zona fan na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, con actividades para todos os públicos. O obxectivo desta iniciativa é animar o público a asistir a este encontro, que será a segunda visita da selección feminina ao estadio de Riazor. As entradas xa están á venda e pódense mercar en tickets.rfef.es.

Este espazo estará aberto á cidadanía e contará con actividades para todas as idades. O horario de apertura ao público será, tanto sábado coma domingo, de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas. Todas as persoas que se acheguen ata a zona fan poderán gozar de diversas actividades como un campo de fútbol 3x3, un "chutómetro", futbolíns, zona de e-sports, photocall, música en directo, animadores e retos con influencers para todos os públicos.

Ademais, a zona fan contará cunha exposición das tres copas do mundo logradas polas seleccións femininas (sub-17, sub-20 e absoluta) e o trofeo da Women's Nations League conquistado por España o pasado 28 de febreiro. Todas as persoas que se acheguen a este espazo poderán participar en concursos e retos con agasallos. O domingo ás 21.00 horas retransmitirase a gran final da Eurocopa 2024 entre España e Inglaterra a través dunha pantalla xigante instalada para a ocasión.

Por outra banda, continúa instalada no Obelisco ata o martes que vén a mostra fotográfica sobre a vitoria do Mundial 2023 por parte da Selección. Baixo o título 'Camino hacia la Estrella', os coruñeses e coruñesas poden ver algunhas das imaxes máis representativas deste fito histórico para o fútbol nacional.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión