6 de noviembre de 2024
A alcaldesa interviu no acto de inicio das obras de ampliación do Porto Exterior de Punta Langosteira, financiadas con fondos Next Generation
A alcaldesa, Inés Rey, interviu no acto de inicio das obras de ampliación do Porto Exterior de Punta Langosteira: "Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do noso Porto Exterior, unha infraestrutura que simboliza a aposta pola transformación e o desenvolvemento sostible", destacou a alcaldesa. Tamén interviu Dolores Salorio, directora de obra; o presidentes da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado; o presidente de Puertos del Estado, Alvaro Rodríguez Dapena; o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Asistiron ao acto subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage.
Rey subliñou o papel clave da colaboración entre administracións para a consecución do enlace ferroviairo do Porto Exterior: "Cando traballamos xuntos, podemos converter proxectos en realidades". Nese marco, a rexedora salientou o traballo conxunto para redefinir a fachada marítima da cidade coa sinatura do protocolo Coruña Marítima. "Quen me coñece sabe que concibo o entendemento como a principal ferramenta política. Con esa premisa lideramos o desbloqueo do acceso ferroviario ao Porto Exterior no 2021 e acabamos de asinar o protocolo Coruña Marítima para adaptar os terreos portuarios interiores á nova realidade social como espazo público", completou Rey.
A intervención potenciará o transporte de graneis sólidos e líquidos, facilitando o asentamento de novas empresas e proxectos en sectores clave como as enerxías renovables e a tecnoloxía offshore. Rey destacou que "o hidróxeno verde poderá converterse no verdadeiro petróleo galego" a través de empresas como Fisterra Energy, Enerfin, Navantia, Acciona ou Ferrovial para liderar esta transformación. "Estamos construíndo o futuro que queremos para A Coruña e Galicia" aseverou. Así mesmo, agradeceu o apoio económico do Goberno de España a través dos fondos Next Generation da Unión Europea, tanto no acceso ferroviario como nas obras iniciadas para a mellora da conectividade da dársena coa rede ferroviaria xeral.
23 de diciembre de 2024
23 de diciembre de 2024
21 de diciembre de 2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible