Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de agosto de 2024

A Torre de Hércules, sede do proxecto artístico e sonoro ‘Reverberos’, de Berio Molina

A mostra componse de tres conxuntos de esculturas sonoras en cada un dos pisos do faro e poderase visitar ata o 17 de outubro

A Coruña continúa celebrando o XV aniversario da declaración da Torre de Hércules como Patrimonio Mundial pola UNESCO. A alcaldesa, Inés Rey, presentou esta mañá a mostra 'Reverberos', un proxecto artístico de Berio Molina instalado no faro romano e que estará aberto ao público ata o 17 de outubro.

A mostra, comisariada por Ángel Cerviño, componse de tres conxuntos de esculturas sonoras localizadas no interior do faro romano máis antigo do mundo e que aínda segue en activo. No primeiro piso atópase unha estrutura piramidal de base pentagonal que, ao vibrar, produce un único son. No segundo álzanse módulos apilables de base cadrada que acadan ata cinco metros de altura. E no terceiro e último piso, xusto antes de chegar ao balcón, dúas estruturas de base circular con teito abovedado envolven o público cos seus sons.

O obxectivo deste proxecto é que o público, a medida que ascenda pola Torre, se sinta envolto polo son chegando á máxima intensidade no punto alto do faro. "É por iso que a experiencia que nos ofrece 'Reverberos' non é só cultural, senón sensorial, conectándonos coa esencia máis profunda da Torre", explicou a alcaldesa.

Rey destacou a dobre vertente da Torre de Hércules como sinal marítimo e artístico: "Este faro non só iluminou o camiño de mariñeiros, tamén de poetas, artistas e soñadores que atoparon na Torre unha fonte de inspiración e de recoñecemento como símbolo da cidade", sinalou. Puxo de exemplo as torres de caramelo de Picasso así como os versos de Luísa Villalta e reivindicou o monumento como símbolo coruñés: "Da súa pedra nace un espírito profundamente coruñesista, aquel que mestura liberación e tradición, historia e vangarda, e do que beberon artistas locais como Xaime Cabanas ou Manuel Rivas".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión