Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2024

Milleiros de persoas celebraron hoxe unha nova edición do Día do Deporte na Rúa, participando en máis de 60 actividades e xogos entre Riazor e o Orzán Milleiros de persoas celebraron hoxe unha nova edición do Día do Deporte na Rúa, participando en máis de 60 actividades e xogos entre Riazor e o Orzán

O Concello, en colaboración con 80 entidades deportivas e sociais da cidade, ofertou unha ampla programación ao longo desta mañá, que incluíu disciplinas tan variadas como a escalada, baloncesto, hóckey e deportes náuticos

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, asistiu hoxe aos actos programados no XXXVII Día do Deporte na Rúa, a gran festa anual do deporte coruñés. Ao longo da mañá, milleiros de persoas participaron nas actividades previstas, organizadas de forma conxunta entre o Concello e máis de 80 entidades deportivas e sociais da cidade.

Vázquez puxo en valor precisamente este traballo de colaboración entre o Goberno de Inés Rey e o tecido asociativo, "que dá os seus froitos en xornadas como a de hoxe, na que a cidadanía disfrutou de máis de 60 disciplinas deportivas, achegando tanto a adultos como a pequenos a deportes como a escalada, a marcha nórdica, entre moitos outros".

Ao igual que en edicións anteriores, o Día do Deporte na Rúa desenvolveuse ao aire libre, en espazos habilitados entre Riazor e o Orzán. Entre as 11.00 e 14.00 horas, puntos como a explanada do Palacio dos Deportes e a rúa Manuel Murguía foron o punto de encontro de persoas de todas a idades, que participaron nos xogos e actividades ofertadas.

O concelleiro tamén destacou a importancia que ten o Día do Deporte na Rúa "á hora de visibilizar o traballo dos clubs e entidades da cidade", dando a coñecer moitas disciplinas deportivas "que anteriormente tiñan menos tradición na cidade ou quizais eran consideradas minoritarias, e, co paso do tempo, foron gañando seguidores, socios e aficionados".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión