Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de marzo de 2025

O CEIP Eusebio da Garda, seleccionado para participar no IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico

O programa busca facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares.

Reunida, o día 17 de marzo de 2025, e tras analizar as memorias dos dous centros educativos solicitantes segundo os criterios de valoración dos proxectos recollidos na base 6, a Comisión de valoración acordou, por unha escasa marxe dun punto, propoñer o CEIP Eusebio da Guarda como centro seleccionado para participar no IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico 2024-25 , co municipio portugués de Braga.

Parabéns ao grupo de 6.º curso do CEIP Eusebio da Guarda e moitas grazas ao CEIP Manuel Murguía polo seu interese en participar unha vez máis cun proxecto tan interesante.

Datas dos intercambios

Estancia do grupo de Braga na Coruña: do 2 ao 4 de abril de 2025

Estancia do grupo do CEIP Eusebio da Guarda da Coruña en Braga: do 12 ao 14 de maio de 2025

Documentos relacionados

  • IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico : resolución selección grupo (142 KB)
  • IV Intercambio Escolar Eixo Atlántico : acta dá reunión dá Comisión de Valoración (217 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión