Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de decembro de 2024

O Concello completa dúas novas intervencións de mellora en Agrela, sumando espazos de estacionamento e áreas verdes nas rúas Gambrinus e Pasteur

En paralelo, avanzan as obras de construción da nova glorieta que permitirá mellorar os accesos ao polígono no cruzamento entre a avenida de Fisterra e Gambrinus, traballos cofinanciados con fondos Next Generation

O Concello completou estes días dúas novas intervencións de mellora nos espazos públicos do polígono de Agrela, onde se levaron a cabo cadansúas actuacións nas rúas Gambrinus e Pasteur, atendendo ás peticións da Asociación de Empresarios de Agrela, que tivo implicación tanto no deseño como na execución das intervencións.

"En liñas xerais, o que fixemos foi humanizar e darlles unha ordenación ás superficies sobre as que se actuou, delimitando as prazas de estacionamento, creando beirarrúas accesibles e aproveitando para crear espazos verdes onde se plantará arboredo", indicou a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz.

No caso da rúa Pasteur, as superficies de parterre nas que se actuou -situadas preto do cruzamento coa rúa Arquímedes- estaban a ser usadas como aparcadoiros alegais, o que tamén supoñía inconvenientes tanto para as persoas viandantes  como para os vehículos ao seu paso pola explanada. Agora, creáronse 12 prazas de estacionamento, xa delimitadas, sobre pavimento de lousa-céspede, que permite manter a permeabilidade do terreo. Ademais, nos espazos lindeiros xa se plantaron varios exemplares de arboredo.

Xa no referente á rúa Gambrinus, onde se actuou fronte ao cruzamento coa rúa Cesuras, incrementáronse en tres as prazas de estacionamento -eran dez e agora pasaron a ser 13-, tamén sobre pavimento de lousa-céspede, creouse un novo percorrido peonil con beirarrúas accesibles e tamén se lle deu forma a un pequeno espazo verde onde se plantaron novas árbores.

As actuacións, das que só restan detalles asociados ao axardinamento, executáronse a través de dous contratos menores adxudicados ás firmas Rodríguez Pereira Proyectos y Obras e tamén a Lopez Quinteiro. En conxunto, o investimento total foi de case 100.000 euros.

"Imos, paso a paso, adaptando enclaves do polígono onde había marxe de mellora en termos de accesibilidade e delimitación tanto dos espazos de estacionamento como dos percorridos peonís", apuntou Díaz, que lembrou que xa o ano pasado se actuou na rúa Galileo Galilei cunha perspectiva semellante.

Ademais, Díaz apuntou a outros dous importantes investimentos do Concello na contorna do polígono, que permitirán mellorar os accesos a Agrela desde a avenida de Fisterra: a construción das dúas novas rotondas previstas nos cruzamentos coas rúas Gutenberg e Gambrinus, ambas cofinanciadas con fondos Next Generation, cun orzamento de máis de 780.000 euros, en conxunto. No caso da glorieta con Gambrinus, as obras xa están en execución.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión