13 de novembro de 2024
Componse de citas no Espazo Xuvenil O Remanso xunto cos programas ‘Nocturnia’ e ‘Xoves de Achegas’ cos que o Goberno continúa ofrecendo alternativas de ocio saudable para mozos e mozas
O Concello prepara unha programación extensa e con diversidade de actividades dirixidas á mocidade para os meses de novembro e decembro, con citas no Espazo Xuvenil O Remanso e os programas 'Nocturnia' e 'Xoves de Achegas'. En total, medio cento de actividades pensadas para ofrecer alternativas de ocio saudable e espazos de aprendizaxe e creatividade para mozos e mozas de 12 a 30 anos. A oferta enmárcase dentro do amplo abano de iniciativas disposto polo Goberno de Inés Rey para mozos e mozas.
No canto do Espazo Xuvenil O Remanso, á programación xa en marcha de novembro súmanse novas actividades deseñadas en colaboración coas propias usuarias e usuarios do espazo para o último mes do ano. Destacan a presentación da Chamada de Cthulhu, unha inmersión no mundo de misterio e horror de H.P. Lovecraft guiada por unha máster profesional, o 6 de decembro ou a presentación do xogo de cartas de Final Fantasy, actividade introductoria no universo dos xogos de cartas coleccionables, popular entre a mocidade. Tamén dous obradoiros, un de deseño gráfico con Inkscap e outro de reciclaxe creativa para crear unha "deck box" propia. É dicir, unha caixa personalizada para gardar cartas e obxecto.
Tamén volve 'Xoves de Achegas', desenvolvido pola Cooperativa de Educación e Lecer Aventeira e as técnicas de información xuvenil das Naves de Metrosidero que se realizará o 28 de novembro. Trátase dunha actividade que fomenta a participación activa e o desenvolvemento de ferramentas emocionais ofrecendo aos mozos e mozas a oportunidade de mellorar as súas habilidades comunicativas e emocionais a través da sesión "Falarnos bonito", cunha pílula informativa que introduce á Comunicación Non Violenta (CNV), metodoloxía enfocada na empatía, a escoita e a resolución de conflitos.
Todas as actividades requiren inscrición previa. As datas de apertura das inscricións son específicas para cada evento e están dispoñibles na web oficial do Concello ou no Espazo Xuvenil O Remanso. A programación reflicte o esforzo do Goberno de Inés Rey local por proporcionar espazos de encontro, aprendizaxe e diversión que fomenten o desenvolvemento persoal e a interacción social da mocidade coruñesa, combatendo a soidade non desexada e promovendo o uso da lingua galega e a creatividade.
Nova edición do programa Nocturnia
A nova edición do programa Nocturnia contará con 45 actividades en diferentes espazos da cidade, co obxectivo de fomentar a participación activa, a creatividade e o benestar.
O programa inclúe unha mestura de actividades culturais, deportivas e artísticas. Entre as actividades máis destacadas atópanse:
Talleres de relaxación e autocoñecemento: Sesións como Introdución ao Ioga Tibetano e Bodyfulness, que combinan meditación e movemento e fomentan a saúde mental e física.
Para todas as actividades, é preciso a inscrición previa e cada semana na páxina oficial www.coruna.gal/nocturnia. As prazas son limitadas e as inscricións abren os luns ás 16.00 horas, pechándose os xoves ás 12.00 horas ou cando se esgotan as prazas.
20 de novembro de 2024
18 de novembro de 2024
14 de novembro de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible