14 de marzo de 2025
A súa cuarta edición, promovida polo Concello, celebrarase o 9 e 10 de maio e as entradas sairán á venda a próxima semana
RetroFuture Fest celebrará a súa cuarta edición nunha completa fin de semana na que o proxecto crece en espazos, duración e número de artistas. Os próximos venres 9 e sábado 10 de maio, nove artistas actuarán no auditorio e o espazo exterior do Museo Científico Domus e na SkyRoom da sala Pelícano. "Desde o Goberno de Inés Rey buscamos que os nosos espazos máis singulares poidan acoller eventos culturais xenuínos como é o caso deste festival de electrónica", indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.
O festival presenta unha programación diúrna e nocturna, consolidando xa unha traxectoria de catro anos nos que foi presentando e descubrindo a artistas locais, nacionais e internacionais de diferentes xeracións que exploran as arestas menos coñecidas e convencionais da electrónica contemporánea.
Como sempre, o deseño da programación e o concepto do festival corren da man do promotor e DJ coruñés Fernando Grobas, creador tamén dos eventos RetroFuture, que veñen celebrándose na cidade desde 2018. A programación deste ano acolle ao veterano artista francés The Hacker, representante do techno e o electro vintage de matiz 80's e 90's, o dark ambient do austriaco Antechamber, a marcialidade da electronic body music do xeorxiano Downwell, o ambient da rusa Perila, os loops áridos do francés UFO95 e os sons electro do local Fake Robotique, a catalá Spacer e a electrónica multifacética da chilena afincada en Madrid Yngrid.
RetroFuture Fest volve destacar este ano por presentar unha coidada programación de artistas inéditos en Galicia e España, con premiers e debuts, apostando por dotar de personalidade e calidade musical a súa proposta máis aló de modas e convencionalismos. As entradas sairán á venda a semana que vén en www.ocionorte.com.
Programación completa
9 e 10 de maio 2025. Domus - SkyRoom
Artistas (orden alfabético)
Espazos
RetroFuture Lab (Auditorio da Domus) - venres 9 de maio, 20h.
RetroFuture Day (Explanada da Domus) - sábado 10 de maio, 17h a 00h.
RetroFuture Club (SkyRoom - Sala Pelícano) - sábado 10 de maio - 00:30h a 06:30h.
9 de abril de 2025
7 de abril de 2025
7 de abril de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible