4 de agosto de 2024
A partir do mércores 7 comezan os concertos nos escenarios da cidade, con Xoel López, Crystal Fighters ou Vetusta Morla na praia de Riazor
As artes escénicas estréanse no festival cos espazos “Noroestiño” e “Contos ao Noroeste” con quince espectáculos diferentes
Mañá, luns 5 de agosto, A Coruña prepárase para abrir a 37.ª edición do Festival Noroeste Estrella Galicia cun programa que abarca música e artes escénicas, e que se consolida como un dos eventos máis agardados do ano en Galicia. O Goberno de Inés Rey reforza así o liderado do Festival Noroeste Estrella Galicia como evento cultural de referencia no noroeste peninsular.
Nesta edición o festival dá un paso adiante ao incorporar as artes escénicas con estreas destacadas nas súas dúas liñas programáticas:, "Noroestiño" e "Contos ao Noroeste", sendo precisamente esta disciplina a protagonista da súa primeira xornada.
Vero Rilo e Luis Iglesias abrirán o Noroestiño mañá, luns 5 de agosto, na praza de Vigo ás 19.00 horas co espectáculo CACHO ANIMALADA!. Unha sesión de narración oral e música para público infantil e as súas familias. A narradora Vero Rilo acompáñase desta vez da guitarra e da voz (e outros trebellos) do multifacético Luis Iglesias.
Paralelamente, Avelino González actuará nos Xardíns de Méndez Núñez ás 19.00 horas para abrir os Contos ao Noroeste cun espectáculo baseado en historias de amor. O polifacético Avelino González sorprenderá cunha novidosa proposta de narración oral, teatro, audiovisual e humor no que mestura o vello co novo para falar de amor.
Ambos os espectáculos son de balde e abertos a todos os públicos.
Programación musical completa (por localizacións, días e horas)
A partir do mércores comezan os concertos nos diferentes escenarios repartidos pola cidade.
Mércores 7 - Diferentes localizacións
Xoves 8 - Diferentes localizacións
Venres 9 - Praia de Riazor
Sábado 10 - Praia de Riazor
CONTOS AO NOROESTE
Programación de balde
Entradas á venda aquí.
NOROESTIÑO
Programación de balde orientada ao público infantil, todos os días a partir das 19.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible